
- Editorial:
- TECNICAS & GRAMAXE, S.L. - EDICIÓNS FERVENZA
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-18136-08-5
- Páginas:
- 96
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
OS BALBINOS. RUTA DA PRATA (TRILINGÜE)
NÚÑEZ, TOÑO / GARCÍA PORRAL, XOÁN CARLOS
Libro con ilustración a toda cor e encadernado en tapa dura. 100 páxinas. En tres idiomas: Galego, castelán e inglés.
Somos a familia dos Balbinos, Lúa e Bal e os nosos pais Lena e Lino, e estamos percorrendo as distintas Rutas do Camiño ata Santiago de Compostela nos tramos que corresponden a Galicia, e todas as nosas aventuras contámolas nos nosos libros. De momento conseguimos rematar o Camiño Francés e a Ruta da Prata.
Primeiro fixemos o Camiño Francés, e despois desa fermosa experiencia, a familia dos Balbinos decidimos facer unha nova peregrinaxe a Compostela, desta vez pola Ruta da Prata, na variante do Camiño Sanabrés.
Ollamos elementos fermosos do noso patrimonio, escoitamos historias e lendas engaiolantes, e coñecemos persoas que desbordaban amabilidade en cada un dos concellos polos que pasamos:
A Mezquita, A Gudiña, Castrelo de Val, Laza, Vilar do Barrio, Xunqueira de Ambía, Taboadela, San Cibrao das Viñas, Ourense, Vilamarín, Cea, Piñor, Dozón, Lalín, Silleda, Vedra, Boqueixón e Santiago de Compostela.
O traxecto foi duro, pero pagou a pena xa que chegamos cargados de anécdotas e de experiencias enriquecedoras. Tanto é así que, quen sabe... Igual para o ano, aos Balbinos se nos dá por facer outra das rutas cara a Santiago.