0
OS ELEFANTES DE SOKÚROV

OS ELEFANTES DE SOKÚROV

RIVEIRO COELLO, ANTÓN

25,40 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Año de edición:
2015
ISBN:
978-84-9865-640-4
Páginas:
412
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
25,40 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Añadir a favoritos

En Os elefantes de Sokúrov, Riveiro Coello elabora unha trama na que os propios personaxes toman a palabra para relatar unha historia de temas tan diversos coma o amor, o suicidio, a crise económica, a creación, a memoria, as artes e a solidariedade.
Estamos no Nadal de 2012. Janis, con trinta anos e un expediente académico exemplar, agarda por unha convocatoria para as oposicións ao ensino. Mentres, fai crítica de cine e coida de anciás nun andar de Santiago. Almorza todas as mañás nunha cafetería da zona vella, onde un descoñecido escribe e le sen acougo. Janis adoita observalo e queda engaiolada pola súa presenza ata que un día el desaparece. A partir dese acontecemento en aparencia nimio, a protagonista da novela vai iniciar unha pescuda que a ha levar á súa infancia, á mocidade dos seus pais, a dos movementos xuvenís e as arelas de cambiar o mundo, e ao cabo, á descuberta dun enigma que, sen que Janis o saiba, ha marcar a súa vida.
A través das historias dos seus personaxes, Riveiro Coello consegue vencellar pasado e presente, unindo inextricablemente a recuperación da memoria coa busca do senso da vida. Moi poucos novelistas conseguen transformar temas de actualidade coma os problemas da vellez, os desafiuzamentos, o traballo precario da mocidade e a pobreza nas rúas nun relato sobre o esencial da vida humana. Riveiro Coello é quen de o facer ao incrementar a capacidade de atracción das reviravoltas dunha trama coidada en todos os seus pormenores, co engado duns personaxes trazados de maneira vívida e cuns recursos literarios nos que a metáfora e o símbolo están ao servizo da narración. Os elefantes de Sokúrov é unha gran novela sobre o presente porque, desde o actual, nos fai concibir o tempo todo como un senso que libera.

Artículos relacionados

  • DIENTES DE GALLINA Y DEDOS DE CABALLO
    DIENTES DE GALLINA Y DEDOS DE CABALLO
    GOULD, STEPHEN JAY
    Stephen Jay Gould examina a la luz de las maravillosas singularidades de la naturaleza cómo la teoría evolutiva explica la historia del mundo natural.Stephen Jay Gould, el más famoso de los científicos naturales de nuestro tiempo, ha dedicado su trabajo a enriquecer y divulgar la teoría de la evolución, llamando nuestra atención sobre la importancia de las contingencias históri...
    En stock

    19,90 €

  • GUIA ILUSTRADA DEL CAMINO DE SANTIAGO
    GUIA ILUSTRADA DEL CAMINO DE SANTIAGO
    GONZÁLEZ DORAO, JOAQUÍN
    El ilustrador Joaquín González Dorao (Cádiz, 1962) —un viejo conocido de nuestra editorial, en la que ya ha publicado títulos como la Guía Ilustrada de la Catedral de Santiago, la Guía Ilustrada de las Iglesias de Santiago o la Guía Ilustrada de la Plaza de Santiago— recorre el Camino de Santiago equipado con lápices y acuarelas para ofrecernos un cuaderno que es una completa g...
    En stock

    25,00 €

  • LA MUJER QUE ARAÑABA LAS PAREDES
    LA MUJER QUE ARAÑABA LAS PAREDES
    ADLER-OLSEN, JUSSI
    Merete Lynggaard, una joven promesa de la política danesa, permanece sometida a un terrible cautiverio desde que desapareció hace más de cinco años. A pesar de que todo el mundo hace tiempo que la da por muerta, la joven política, encerrada y expuesta a los caprichos de sus secuestradores, sabe que morirá en una fecha determinada.Mientras, en Copenhague, el policía Carl Mørck e...
    En stock

    11,90 €

  • FRANCO CONFIDENCIAL
    FRANCO CONFIDENCIAL
    EYRE, PILAR
    Sobre el hombre que monopolizó la vida política española durante casi cuatro décadas se han escrito decenas de libros. Pero ninguno como éste. Porque, en estas páginas, Pilar Eyre, con su inimitable estilo, no ahorra detalles de los aspectos más ocultos de la vida de Franco. De su infancia tormentosa, llena de complejos, a la sombra de un padre alcoholizado que atemorizaba a la...
    En stock

    24,90 €

  • LA MUJER QUE ARAÑABA LAS PAREDES
    LA MUJER QUE ARAÑABA LAS PAREDES
    ADLER-OLSEN, JUSSI
    El primer caso del Departamento Q, que ha inspirado la nueva serie de NETFLIXEl miedo de una mujer.El instinto de un policía muy particularUn bonito día de invierno, Merete Lynggaard, joven promesa de la política danesa, desaparece durante un viaje de fin de semana en ferry sin dejar rastro. De inmediato, los medios se meten a fondo en la historia y hacen todo tipo de conjetura...
    En stock

    20,90 €

  • EL ALQUIMISTA
    EL ALQUIMISTA
    COELHO, PAULO
    Cuando quieres algo, todo el Universo conspira para ayudarte a conseguirlo.Una fábula inspiradora sobre la importancia de luchar por tus sueños.Considerado ya un clásico de nuestros días, El Alquimista relata las aventuras de Santiago, un joven pastor andaluz que un día emprende un viaje por las arenas del desierto en busca de un tesoro. Lo que empieza como la búsqueda de biene...
    En stock

    8,95 €

Otros libros del autor

  • HOTEL CARIOCA
    HOTEL CARIOCA
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    I PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO DE NOVELA 2022Verán de 1982. Helena ten 13 anos e os domingos lelle á avoa as cartas que envía o seu tío favorito, Leandro, que marchou ao Brasil e xa nunca volveu. Un día chega unha que informa da súa morte nun accidente de tráfico en Río de Xaneiro. A familia sospeita que foi asasinado e fala con Helena para lle facer unha encarga insólita: deberá ma...
    En stock

    26,00 €

  • DÍAS DE INTEMPERIE
    DÍAS DE INTEMPERIE
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estremecedor onde o pano de fondo sempre é a guerra.Como xa fixera en As Rulas de Bakunin, Laura no deserto e O paraí-so dos inocentes, Antón Riveiro Coello pon de novo os seus personax...
    Disponible en 1 semana

    16,00 €

  • O PARAÍSO DOS INOCENTES
    O PARAÍSO DOS INOCENTES
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    PREMIO TORRENTE BALLESTER 2019Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade de Alepo está dividida en dúas partes enfrontadas. No lado rebelde, a activista Amira loita por informar o mundo desde dentro da guerra e visita un orfo rescatado baixo os cascallos; no lado do réxime, Isam, un químico que traballa nunha fábrica de xabón, teme a notificación do Goberno para engrosar...
    Disponible en 1 semana

    22,60 €

  • A FERIDA DO VENTO
    A FERIDA DO VENTO
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    O avó Mauro, unha persoa peculiar que leva un rexistro dos tolos da vila, agarda por el no cuarto para lle dar unha nova que o deixará abraiado. A partir deste momento, Antón sentirá o peso do mundo e buscará nos personaxes extravagantes unha alianza para as feridas do amor e da vida.Novela de formación, escrita cunha ollada lírica e sensible, onde o autor limiao non só nos ofr...
    Disponible en 1 semana

    16,00 €

  • LAURA NO DESERTO
    LAURA NO DESERTO
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama por Compostela, Nova York e a Pobra do Caramiñal. O autor de As rulas de Bakunin consegue artellar unha novela na que aventura vital, epopea social e interese narrativo se xuntan. As historias de Diana, que na Barcelona de 1982 atopa unha carta onde se d...
    Disponible en 1 semana

    28,75 €

  • AS RULAS DE BAKUNIN
    AS RULAS DE BAKUNIN
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    As rulas de Bakunin nace do gromo da sensibilidade dos derrotados e os perdedores. Antón Riveiro Coello, un dos escritores galegos actuais de meirande pulo narrativo, fai con esta novela un acto restitutorio e tamén de rebeldía. Recuperar a memoria dos heroes silenciosos que loitaron pola liberdade: velaquí a vida de Camilio Sabio Doldán, un vello anarquista case centenario que...
    Disponible en 1 semana

    21,00 €